MENTALIDADE CONTAXIADA
Urxe admitir o feito de que a Galiza leva moitos séculos formando parte da España
unificada e sometida á uniformidade, e que é lóxico que a mentalidade dos habitantes da Galiza sexa igual ou moi semellante á
dos outros habitantes desa España. A
información que se recolle é a mesma e a interpretación
da historia interior e do mundo exterior que se fai non se
distingue ainda como debía.
Conviña recoñecer ese contaxio e remedialo. Non vai valer a pena repetir en galego o que din os meios de comunicación
españois e copiar as interpretacións que fan eses meios, porque a mentalidade que se cría con iso é
española e esa mentalidade estará mellor expresada en
castelán. Se non se busca e potencia a personalidade da Galiza non será
posíbel potenciar a língua galega. As distintas línguas expresan os distintos modos de entender o mundo. Se o mundo se entende e
interpreta á maneira española, non haberá nada que expresar en galego e a língua non poderá adquirir a criatividade que tanto precisa.
Voltar a Lingua