¿COMO EN IRLANDA ?

           As esmolas son sempre perigosas para a formación dunha conciencia autónoma, individual ou nacional.  E máis cando veñen con intencións pouco craras e, por riba, hai que pagar por elas.  Contra o que dí o refrán, hai que mirarlle moi ben o dente ao cabalo regalado.

            ¿A qué ven tanto reloucar por ese permiso cutreiro para un uso mirrado do galego nalgunhas institucións da Unión Europea?  ¿Será por aquilo do prestixio?  ¿Iranos compensar máis unha vez a fachenda internacional pola perda da lingua no uso social e cotián no noso país? ¿Ou será agradecimento á mediación dun governo centralista pero “comprensivo” nas cousas que non lle importan moito?

             Non esquezamos que as lenguas autonómicas do Estado español non van ser linguas oficiais da comunidade, por moitos falantes ou moito afincamento social que teñan. O gaélico irlandés, pola contra, que ten moitos menos falantes que o galego e se consserva con enorme esforzo museístico, sí que é lingua oficial. ¿Por qué?  Porque é lingua oficial dun Estado, mencionada nos Tratados básicos da Unión Europea.

             Conviña que tomen nota os que ainda pensan que os Estados pasaron de moda ou os que siguen ancorados no repertorio neogaleguista de hai medio século e pensan que có federalismo europeo chegou o fin dos Estados.

             Parece que en 2005 aínda val a pena ter un Estado. E o demáis son esmolas. 

 

Voltar a ' Europa'