A ARXENTINA
Entristece a imaxe da Arxentina que se atopa na prensa galega
destes últimos tempos. A crise económica daquel país provoca por unha banda o
espíritu de superioridade ignorante, e pola outra un receio da chegada de
“retornados” dun país do “terceiro mundo”. Até ouvimos falar de país
“tropical”.
Non
era así noutro tempo. A Galiza tiña un contacto estreito e un coñecimento
apreciativo da Arxentina.
Nos
anos da aposguerra española, os anos “da fame”, as familias que tiñan parentes
na Arxentina recibían dalá pacotes de comida. E non só de comida: ademáis dos
tarros de delicioso extracto de carne viñan revistas, entre elas o Billiken no
que nos educamos algúns de nós. Todo un mundo civilizado e civil, que fixo que
para moitos houbera e haxa ainda un “imaxinario” onde podíamos atopar un amigo
en Corrientes ou en Florida, ainda que nunca andivéramos por esas rúas.
A
outra imaxe, a da ignorancia colonial, por chamarlle dalgún xeito, era a que
con sorpresa viamos os galegos noutras terras peninsulares. Agora a imaxe da
Arxentina na Galiza está,
Habería
que recuperar a ideia de que a diáspora é unha realidade bilateral. Non se
trata só de que os que emigraron ou os seus descendentes volten, como se
tivesen que recoñecer que se equivocaron ( coa conseguinte satisfacción dos que
ficaron na terra), senon de que entendamos e apreciemos o país no que
desenvolveron as suas vidas tantos galegos e que moitas veces lles ofereceu as
posibilidades de desenvolvimento humán que o de orixen non lles daba. Aínda hoxe, con crise ou sin ela, algúns
galegos que visitamos Bos Aires encontramos un nivel de educación e formación envexábel e moi superior ao de
moitos países de Europa. Houbo e segue habendo moito que aprender daló.