ARTE E
NOVELA
Vai
resultar
que ese xénero literario
que é a
novela,
que
mesmo se dubidou
moitas veces
que fose
literatura, é o
único
que ten
valor e
que
agora non se vai
poder
ser
escritor sen
publicar polo
menos
unha
novela.
A presión
comercial está
detrás diso nestes
momentos,
como está
detrás de
todo. A
novela pode venderse máis polo
que teña de pasatempo e
entretenimento. Non é
que
isto
sexa despreciábel de
seu, e hai
excelentes novelas-pasatempo,
como as de
aventuras
ou as policiacas.
Mas cando se
trata dunha
literatura
como a
galega, habería
que
ter criterios moi
claros do
que é
útil
para o
país
porque ten
valor
intrínseco e do
que non ten
valor nengun
mais
que o de
responder á
moda do
momento.
A
literatura
como
arte, non
como pasatempo, ten,
como
toda
arte, a forza da visión
espiritual e da interpretación de esencias e
existencias
que
só se pode
conseguir con moito traballo. Esa forza é a
que un
país necesita
para entenderse a sí propio e
desenvolver a
sua
identidade
mais
profunda e
valiosa. Galiza
pouco sería se non fose
por Rosalia, Curros, Pondal e os
demais
poetas e
escritores
que souberon darlle
voz e
sentido.
Criación
artística
que
nos ensine a
ver,
sentir e
entender, e
pensamento
que
nos
leve
por camiños intelixentes e
fecundos é o
que
mais
falta fai nestes
momentos.
Para facer
unha
novela
galega
que valese a
pena habería
que
ter
unha
capacidade case sobrehumana de
virar interesante e
complexa
unha
sociedade
apagada e
morna
como é a
galega. Semellaría
que
para
que saian boas
novelas nun
país, ese
país ten
que
ter
unha
sociedade matizada e
animada, con criterios, carácter, ideas e
ideais. En España a
novela contemporánea en xeral é
insípida e egocéntrica, un exercicio de redacción
feito con
mais
ou
menos
talento
que non inflúe en
nada
porque non aporta visión de nengun
tipo e non cría personaxes
vivos
que queden na memoria.
Talvez
porque
unha
sociedade tan conformista e negadora de
realidades
como a española non pode
ser interesante. E a
sociedade
galega de
agora,
que imita en
todo á española, non ten
alento nen complexidade
por
estar mergullada nesa cobiza
informe, pasiva e enfastiada
que a caracteriza.
Voltar a Textos Varios