¿A MELLOR POESÍA DO MUNDO?

 

Afirmacións como a de que a poesía galega é a mellor do mundo teñen que ser refugadas porque son un engano que non fai ben ningún á Galiza. Esa afirmación é desarrazoada porque a poesía é cuase imposíbel de traducir a outra língua, e para xulgar a poesía dun país hai que podela ler, ouvir e sentir na língua na que foi escrita e hai que saber tamén as resoancias que desperta. ¿Haberá moitos galegos que podan ler, sentir e saber como soa a poesía en inglés, danés, chinés, grego, noruego, ruso, portugués, etc?  Porque así se podería comparar esa poesía coa galega e chegar á conclusión de que a galega é a mellor do mundo. Os que se benefician dunha afirmación tan despropositada como esa son os que escreben poesía en galego, pois se a poesía galega é a mellor do mundo, eles xa son un prodixio. E a que queda perxudicada é a Galiza, que o que necesita é sustancia, non fachenda nen delirios de grandeza.

 

Voltar a Alicerces Nacionalistas