AS PREOCUPACIÓNS DEMOCRÁTICAS DE MARIO VARGAS LLOSA
Dixo hai poucos días Vargas Llosa nunha
entrevista no ABC de Madrid que cando se escarafulla nas raigañas ideolóxicas
do nacionalismo vese que elas consisten en rexeitar a coexistencia na
diversidade, que é a esencia da democracia.
Non é difícil darlle volta a esa
argumentación se nos paramos a pensar que sen diversidade non hai nada có que
coexistir. Ese é o soño aniquilatorio de todos os centralismos e os egoísmos.
A xustificación esencial das
independencias nacionais foi e segue sendo a afirmación da diferencia, que non
ten por qué ser contraria á existencia con outras. Así é na vida persoal igual
que na internacional. Se todos fósemos idénticos non habería democracia senon
formigueiro.
E se un día o Perú onde o señor Vargas naceu non tivese loitado pola súa independencia nacional, non teríamos hoxe ese magnífico país con que falar e coexistir. Ese país e ese mundo sen o que non existirían as novelas dese escritor nen moitas outras que enriquecen as letras hispánicas.
Primeiro existir, e depois convivir.
Voltar a Alicerces Nacionalistas