DEMOCRACIA EUROPEA CANDO CONVÉN

                  A arrogancia do poder non é nada novo. O pensamento único europeo, ben afortalado nos medios explotadores de malas conciencias nacionais,  atea ese lume de arrogancia e sópralle confianza, que acaba por perder a quen confía.

            Nestes últimos tempos síntese cada vez máis a voz do poder receoso da democracia nesa Europa de podervirtuoso que pretende ser unha Comunidade que da certificados de boa conducta democrática ou exíxellos como portazgo suiña aos que queren entrar nela.

            Víase xa na resistencia a un parlamento auténtico na Comunidade e nas arelas executivas e controladoras da burocracia da Comisión. Agora maniféstase con maior atrevimento no desprecio polos referendums. Non valen nen contan se non dan “o resultado correcto”. E entón haberá que repetilos até que o dean.  Ou dise, para disimular a derrota, que responden a preocupacións dos cidadáns do Estado en que se fan. E iso non se pode consentir. Esas preocupacións non contan no Olimpo das elites que sempre saben o que compre facer.

           ¿Non estamos diante do poder asoballante de sempre?

 

Voltar a ' Europa'